Xuntanza 20D

Ante a tentativa de peche do colexio de Baamonde por parte do Concello de Begonte e que a Consellería de Educación está dacordo con esta medida (cambiando a opinión que nos facían chegar hai unha semana)

Convocamos xuntanza informativa para mañá, domingo 20 de decembro as 12:30 horas diante do Colexio de Baamonde.

Rogamos a maior asistencia posible dada a importancia deste feito.

! Recordamos manter as distancias de seguridade e sempre permanecer coa máscara posta.

A.N.P.A. do C.E.I.P. de Baamonde

Asociación de Veciños Montenegro de Baamonde

Deixa unha resposta