Sobre a Asociación Músico Crisanto

Ante a nova publicada no xornal Terracháxa: “Músico Crisanto anuncia as súas novas dotacións en Baamonde” queremos facer chegar o seguinte comunicado:

Parécenos unha falta de respecto a alumnos, profesores e nais e país da comunidade educativa de Baamonde este tipo de novas propagandísticas.

Ata o día de hoxe mantivemos, en escritos e entrevistas, a boa labor deste colectivo musical, pero despois desta nova fainos reformular o verdadeiro interese da privatización dun colexio público para fins privados.

“Está a anunciar aos seus alumnos as novas instalacións coas que contarán o próximo ano para desenvolver o ensino, no colexio de Baamonde.”

Esta mañá denunciábamos ante o Servizo de Inspección Educativa Territorial de Lugo a vulneración de dereitos ante a negativa de admisión de matrículas para o vindeiro curso no C.E.I.P. Baamonde, xa que a nivel legal non existe ningunha normativa que teña modificado o estatus legal do centro en canto ao seu funcionamento e oferta. Ver máis

O rechamante deste anuncio por parte da asociación Músico Crisanto e que anuncian as instalacións como súas cando dende a propia Consellería de Educación non se produciu ninguna desafectación do centro.

Ante este anuncio algún dos alumnos e alumnos da escola de música fixérennos chegar o seu apoio e rexeitamento a esta iniciativa que levaría por diante un colexio e a súa intención de abandonar ese colectivo.

“…valórase a concienzuda análise e posta en valor exhibidas polas diferentes administracións actuantes en cada trámite relacionado co transcendental proxecto de Escolas-Conservatorio planificado para Baamonde”

A asociación presidida por Pablo Rábade Cacharrón, irmao de José Manuel Rábade Cacharrón, médico, concelleiro e membro do goberno local do Concello de Begonte valora a proposta e voto dos 8 concelleiros dirixidos por Jose Ulla para pechar un colexio e entregarllo a unha asociación privada.

Rogamos a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia que revise os convenios abertos con esta asociación.

Deixa unha resposta