Manifestación 26D ⚰

Convocamos manifestación para o sábado 26 ás 17:00h

A marcha partirá as 17:00h dende a igrexa de Baamonde, recorrendo a N-VI ata chegar á rotonda coa N-634, onde se fará unha parada, continuará pola anterior estrada ata chegar ao CEIP de Baamonde.

De ser posible, asitir con vestimenta negra ou escura.

Rogamos a cooperación de toda a veciñanza e establecementos de Baamonde, Pacios, Carballido, Vilariño, Bóveda, Pígara e Soexo como principais damnificados ante a pretensión do Concello de Begonte de pechar o colexio de Baamonde.

Tamén facemos un chamamento o resto de veciñ@s da nosa contorna ante esta medida que atenta contra o rural.

Recordamos manter as distancias de seguridade e sempre permanecer coa máscara posta.

A.N.P.A. do C.E.I.P. de Baamonde

Asociación de Veciños Montenegro de Baamonde

Deixa unha resposta