Canceladas as manifestacións 17X e 24x

Queda cancelada as manifestacións do día 17 e 24 por mor das novas restricións.

Convocamos manifestación para o domingos 17 e 24 ás 12:00h

Despois do parón deste fin de semana voltamos as rúas!

A marcha partirá as 12:00h dende a igrexa de Baamonde, recorrendo a N-VI ata chegar á rotonda coa N-634. Nesta ocasión continuarase por esta estrada ata a praza para conectar co consultorio médico e volver coller dirección a N-VI; onde voltaremos ata a rotonda e cerraremos o circuíto chegando ao colexio.

Rogamos a cooperación de toda a veciñanza e establecementos de Baamonde, Pacios, Carballido, Vilariño, Bóveda, Pígara e Soexo como principais damnificados ante a pretensión do Concello de Begonte de pechar o colexio de Baamonde.

Tamén facemos un chamamento o resto de veciñ@s da nosa contorna ante esta medida que atenta contra o rural.

Recordamos manter as distancias de seguridade e sempre permanecer coa máscara posta.

A.N.P.A. do C.E.I.P. de Baamonde

Asociación de Veciños Montenegro de Baamonde

Deixa unha resposta