Educación en Lugo dí que “non ten intención algunha de promover unha iniciativa do Concello de Begonte para eliminar” o colexio de Baamonde

Aviso importante: Pese a que hoxe e día 28, isto non é unha inocentada.

Antecedentes:

Ante a tentativa do Concello de Begonte de unificar os colexios públicos de Baamonde e Begonte e despois de informar persoalmente polo seu rexedor o día 9 a comunidade educativa e veciñal de Baamonde que era unha iniciativa proposta pola Consellería de Educación, a ANPA e A.VV. de Baamonde fixemos os seguintes pasos:

.- Contactamos telefónicamente coa delegación territorial de Lugo o día seguinte, o 10. DIxéronnos que descoñecían esta medida e que a súa intención non era pechar o colexio.

,- Ante tal afirmación, formulamos escrito o día 12 a María Carmen Gueimunde González – Responsable da Xefatura territorial de Lugo.

.- O día 18, ante o silencio como resposta, voltamos a chamar telefónicamente a delegación territorial de Lugo onte esta vez se nos dí que dan o seu visto bo ao peche do colexio, que todo depende do alcalde e que por tanto e con el con quen debemos de falar.

O alcalde non ten competencia ningunha no peche do colexio, se non que isto depende da Consellería de Educación.

Última hora:

Hoxe día 28 recibimos contestación do Servizo de Inspección Educativa na delegación territorial de Lugo.


Ante o escrito remido polas asociacións: AVV Montenegro e ANPA Bidueiros, ámbalas dúas de Baamonde (Begonte), no que solicitan respostas a tres preguntas, este Servizo de Inspección, INFORMA:

Resposta á pregunta 1: “Ten a Consellería previsto facer algunha unificación ou eliminación dalgún colexio a nivel provincial ou autonómico?”

Desde esta Xefatura Territorial, e en canto ao ámbito provincial, non está previsto facer unificación ou eliminación de centros. En canto ao ámbito autonómico, ao ser unha cuesón doutras xefaturas territoriais, non temos coñecemento.

Resposta á pregunta 2: “No caso que nos ocupa. Teñen a Consellería algunha notificación ou proposta por parte do Concello de Begonte?”

Non hai comunicación nin proposta algunha remitida a esta xefatura territorial desde o Concello de Begonte. Tampouco dito concello solicitou en ningún momento a desafectación do Colexio de Baamonde, paso previo e imprescindible para poder ubicar en dito centro outra acvidade que non fose educativa e dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Sen ter solicitada esa desafectación, non se pode poñer un conservatorio de música dependente dun concello nun centro educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Resposta á pregunta 3: “Esta dacordo a Consellería en promover unha iniciativa unilateral do Concello de Begonte eliminando un colexio histórico que ademais de atender os pequenos da propia parroquia, atende a nenos de Bóveda e Pacios (Begonte), Soexo (Vilalba) e Pígara (Guitiriz)?

– A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Lugo non ten intención algunha de promover unha iniciativa do Concello de Begonte para eliminar un dos colexios dese concello.


Visto as respostas contradictorias dende a delegación de Lugo: primeiro (non), despois (sí) e agora de novo (non)… vamos formular un escrito a Román Rodríguez González – Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Deixa unha resposta