Caravana ao Parlamento de Galicia

Convocamos unha caravana 🚗🚙🚐🚜🏍️ para o vindeiro martes 9. Sairá do colexio de Baamonde sobre as 16:30 ata chegar ao Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela)

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia rexistrou unha proposición non de lei (BOPG n.º 91, do 10.02.2021) sobre o mantemento polo Goberno galego do funcionamento do CEIP de Baamonde, no concello de Begonte, desbotando calquera posibilidade de desafectar o centro dado que o número actual de alumnos se sitúa seis veces por enriba do criterio establecido para pechar un centro educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.

O deputado Luis Manuel Álvarez Martínez defenderá esta iniciativa o martes sobre as 18:30 horas. A votación será o día seguinte pola maña.

Horario previsto

  • 16:00 Remate da xornada lectiva no colexio de Baamonde.
  • 16:30 Punto de encontro para pequenos, nais, pais e demáis veciños ou achegados qué se sumen a causa.
  • 16:45 Saída da caravana pola N-VI
  • 17:00 Parada diante do Concello de Guitiriz. Debido as restriccións sanitarias as familias da comunidade educativa de Baamonde da poboación de Pigara non poderán sair do perímetro municipal. Estarán diante do consistorio para apoiar ao paso da caravana.
  • 17:05 Continua a caravana pola N-VI ata enlazar coa N-634 dirección Santiago de Compostela
  • 18:00 Chegada aproximada ao Adva. de Lugo, onde se dará unha volta ao Parlamento de Galicia pola Rúa do Hórreo e Rúa Ramón Piñeiro.
  • 18:15 Concentración diante do Parlamento de Galicia,

De interese

A asociación de veciños de Baamonde habilitará un autobús gratuito se chega a un mínimo de prazas. Podes apuntarte no Madia Leva ou no Super Onda de Baamonde antes do luns as 18:00.

Se viaxas en coche particular a opción máis viable para aparcar é nun dos parkings próximos, seguindo a caravana non terás opción a perderte 😉

Deixa unha resposta