Camiño de (Santiago) de Baamonde

Esta ANPA, xunto a Federación de Anpas da Provincia (Fapacel) e coa asociación de veciños de Baamonde convocamos unha camiñata para reivindicar que o colexio de Baamonde siga operativo.

Faremos a etapa 31 do Camiño Norte de Santiago; entre Vilalba e Baamonde.

Xa que o Conselleiro de “Educación” non nos escoita, a ver si o fai o de “Cultura” 😉

  • Día: Domingo 9 de maio
  • Hora: 09:00 horas
  • Saída: Praza de Sta. María de Vilalba

Faremos parada técnica preto da Ponte de Saa (Bar Alejandro) a 8.8 km da chegada.

Hora estimada: 11:30 horas

Aquí tamén te podes unir a grupo antes de entrar no Concello de Guitiriz pola parroquia de Pígara, para continuar ata Baamonde.

De interese:

Recomendamos levar roupa e calzado axeitado, bebida e algo de comer.

Para tema de loxística, organizarémonos para ter coches en Baamonde á chegada e voltar a Vilalba para recoller o resto.

Respetaránse as medidas COVID.

Deixa unha resposta