As nais e pais de Baamonde e de todo o rural temos moi claro que non podemos nin debemos ficar caladas ante esta barbaridade .

As nenas e nenos teñen o dereito a educarse no seu entorno como viñan facendo até agora; un capricho político non é razón suficiente para privarlles do seu colexio,

As familias temos dereito a vivir en calquera lugar do país e a administración ten o deber de garantir os servizos mínimos que, por outra banda, pagamos cos nosos impostos.

Este país non pode permitirse pechar un colexio porque sí, a situación actual do mundo rural non o permite; estamos acelerando unha crise demográfica, de seu, bastante grave e isto lévanos a un precipicio.

E moi triste que teñamos que ser precisamente nós, as que vivimos nas aldeas e nas vilas as que teñamos que poñer o punto de cordura nesta situación , aínda que sexa a berros para que vos decatedes do que acontece realmente no país. Si pechamos colexios, pechamos o rural

Ante este desmantelamento do rural, non é opción ficar quedos.

Hoxe estamos aquí polas nosas fillas e fillos e tamén por tódalas nenas e nenos do rural porque eles son o futuro deste país e lembrade que non son números, son as nenas e nenos encargados de manter as tradicións, a preciosa paisaxe deste país, a cultura toda.

É unha indignidade e un insulto por parte de quen o promove e de quen o permite.

Queremosvos agradecer a todas as que estades eiquí e as que non puideches estar por entender que isto non é só o problema de Baamonde, é o problema de todo un país e temos que exixir unha solución real.

SE PECHAMOS BAAMONDE, PECHAMOS O RURAL

Lugo, 13 de abril de 2021