Tamén podes descargar a folla de firmas. Contacta connosco anpa[@]baamonde.org para entregalo


As nais e pais da comunidade escolar do CEIP de Baamonde na súa totalidade, así como a comunidade de veciños de Baamonde manifestamos o total rexeitamento ao peche do noso centro escolar como pretende o Concello de Begonte.

Pedimos a túa firma contra o peche do CEIP de Baamonde proposto polo Concello de Begonte #ante a Consellería de Educación – Xunta de Galicia.

Ao Sr. Presidente-Alcalde do Concello de Begonte

Retire o proxecto de implantación do auditorio/conservatorio no lugar do presente colexio. Non estamos en contra de que leve a cabo ese proxecto no noso pobo, pero non á conta do colexio.

Á Consellería de Educación – Xunta de Galicia

Non apoie a proposta do Concello de Begonte ao peche/unificación dos colexios.


ANPA do CEIP de Baamonde
A.VV. de Baamonde